Previously on ModestoWeb…


Velaquí a segunda parte do debate de onte sobre a lingua que, dado o enorme interese espertado, ofrezo agora. Aínda faltaba un pouco máis, pero pódese dicir que non engadía demasiado ao tema (e tampouco o teño gravado).


7 responses to “Previously on ModestoWeb…”

  1. Non seguín o debate en vivo así que falo por referencias e polo esforzo de modestoweb –aproveito para darche as grazas polo servizo- ao poñer en liña un bo cacho do mesmo. En calquera caso, non deixa de chamar a atención o representante designado polo BNG para falar da situación do galego, unha persoa que aínda non hai un ano mantiña unha colaboración semanal no xornal La Voz de Galicia co título de “Rincón del viento” e o español como lingua de comunicación cos seus lectores. Non, se ao final resulta que ten razón Sarille cando, referíndose ao BNG, afirma “Agora fan unha política semellante á do centrismo rexionalista, tipo PNG e CG. Este é o gran dato sociolóxico, porque pode ser a puntilla para o idioma galego. Demasiada viaxe para chegar a isto.”

  2. Esperaba máis do debate, pero penso que se esquece en que, até o de agora, todos os planos e todas as leis de lingua foron aprobadas por unanimidade. Polo tanto, non é problema de determinados partidos ou determinadas persoas. O que fai falta é que as leis se fagan cumprir. Estarase discriminando se non hai rexeitamentos a que se apliquen as sancións para os incumprimentos de determinadas leis e si os hai e si hai xustificacións para incumprir as leis (e estou pensando no ensino e na toponimia).

  3. Dúas incoherencias: ¿Por que o señor Raúl Vilas defende o uso do castelán na Televisión de Galicia e el cando ten que intervir na TVG fala tamén en galego? ¿Por que o representante do Partido Popular reproba a decisión primeira lingüística nas oposicións tomada pola Consellería de Presidencia e cando estaba o PP con maioría absoluta na Xunta as instrucións orais e escritas de Silleda estaban só ou case exclusivamente en galego?

Leave a Reply Cancel reply

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.