Concerto

Entrada PSB

Pois si. Onte tocou concerto. Con SugarKane e Besbellinha (graciñas por soportarme) fun ata Vigo -cidade que é todo un misterio para min- a ver aos inconmensurábeis Catpeople. Despois tamén actuaron uns que seica lles chaman Pet Shop Boys e de cuxa actuación se pode ver aquí un pequeno anaco:

Alí atopámonos con Mourullo, quen xa sabiamos que ía asistir a tan magno acontecemento musical, e eu tamén tiven un reencontro cunha compañeira, pero non podía imaxinar que alí tamén estaban Cesare e compañía, como el mesmo explica no seu blog. Iso sóubeno o día seguinte, por iso non nos vimos fisicamente -era bastante difícil, por certo, entre tanta xente-, e tiven que soportar ao típico energúmeno saltarín que se me puxo diante.

Pero estivo ben.

4 comentarios

  1. Non sei que me da que o “epaaa” que se escoita ao final saiu da miña boca…o saltarín case me fractura a mandíbula cos espasmos dos seus brazos. Porcier, que onte coñecín a un que é clavadito ao Neil Tennant.
    Saúdos Modesto (anque estes días esteas do lado dos malos)

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.