Mes: Maio 2005

  • HQB no Son

    Disque hoxe proxectan na Casa da Cultura de Porto do Son esa «morralla» e «porquería» do «mundo da incultura» que non se anuncia na televisión nin en ningures. E tamén é posible que, se cumpre co seu cometido, non se volva saber máis dela a partir do 20 de xuño, como acontecera o 15 de marzo do ano pasado con outro filme que se chamaba Hay motivo ou algo así.
    Gran desembarco de persoeiros dun partido político que non está autorizado a empregar este filme con fins electoralistas.

  • Tocoume


    Pois si. Tocoume estar diante da mesa electoral o 19-X ás oito da mañá, de primeiro suplente do presidente. Espero que o elixido para o cargo non falle á cita, aínda que, sabendo quen é, non creo que lle conveña faltar ás súas obrigas democráticas.
    E, se teño que quedar, quedarei. Vou estudar a conciencia o manual de instrucións para membros das mesas.

  • Día da Paz e da Dieta

    Esta celebración é o mellor xeito de contrarrestar o militarismo e as romarías. Ademais, non provoca acidez de estómago.

  • Non quere que o boten

    A foto de El Correo Gallego é moi descritiva.

    Pero eles tampouco lle teñen medo.
    Ademais, segundo os termos e condicións do Copiceibe, o PPdeG é a única formación política autorizada a empregar o filme de xeito partidista.

  • Felices 5.000

    ModestoWeb acadou hoxe as 5.000 visitas dende a súa fundación, aló a mediados do mes de decembro do 2004. Estades todos convidados a un cacho de pastel virtual.