Aínda que non o pareza a simple vista, esta cantante bielorrusa ten unha voz terrorífica. Cousas das eliminatorias do festival de Eurovisión, esta noite na 2. Por certo, que a emisión debe ser en formato panorámico, pero a alta tecnoloxía que existe neste estado plurinacional chamado España obríganos a colocar un ancho e horrible bordo negro na parte superior da pantalla. Ou será para pasar mensaxes SMS?
Mes: Maio 2005
-
Eurovisión
-
A estrea da semana
Non é A vinganza dos flis, senón Hai que botalos, un proxecto colectivo cunha loable intención, que é a que o seu propio nome indica.
A estrea será o domingo, ás sete e media da tarde, no Teatro Principal de Compostela. Eu non podo ir, pero dende aquí apoio esta iniciativa audiovisual. -
Concentración diante da delegación de Pesca
Son percebeiros de Aguiño, cabreados polos excesivos controis dos gardacostas e da policía autonómica e a inxustiza das leis pesqueiras.
-
ModestoWeb seguirá en blogspot
Debido a que f2o.org non tolera moi ben que digamos recibir arquivos de blogger, ModestoWeb(1) seguirá onde estaba ata agora, e non se moverá de alí. Aínda así, tentarei ter sempre unha copia actualizada de http://modestoweb.blogspot.com/index.html en http://modestoweb.org/index.html , para que non haxa problemas.
-
ModestoWeb2 está de volta
Nunha data tan simbólica como a de hoxe, reapareceu ModestoWeb2, pero noutro servidor. O seu novo enderezo é este:
É probable que ModestoWeb vaia tras dela ata o seu novo aloxamento, en Milwaukee, Wisconsin. Pero diso xa informaremos no seu momento.