3 comentarios

  1. Os partidos políticos non teñen moita idea de que é iso do soft libre. Lembro por exemplo un documento do bloque apostando polo sof libre escrito nun .doc. Iso non é ser consecuente (dubido que fora creado en OOo e exportado a .doc)

    Incluso en administracións como a extremeña, firme impulsora do sof libre dende hai anos, nos procesos selectivos para entrar na administración da CA segue a haber un exame sobre ofimatica co paquete Office en vez de tirar do OpenOffice.

    Por outra parte faime gracia o erro no artigo que enlazas “Linnux” na vez de “Linux”, que de todas formas segue a ser incorrecto xa que tería que ser GNU/Linux.

    Eu son un firme convencido que mentres os soft de microsof sexa tan fácil de piratear como ata agora o crecemento dos SO alternativos sera minúsculo. Non creo que M$ estea pola labor de facer os seus SO difíciles de piratear xa que eso lle suporía unha grande perda de cuota de mercado. En Rusia, por exemplo, o 95% dos Windows son piratas, se eses pseudo Sistema Operativo foran moi compricados de piratear todo esa xente tería que buscar alternativas (GNU/Linux, FreeBSD, …). Extrapolando a nivel mundial significaría a fin do monopolio de M$.

    Por iso creo que M$ é o principal interesado/beneficiado da piratería.

    Agora quedaría ben dicindo que escribin todo isto desde a miña Ubuntu e no Firefox, pero foi dende o meu Xp pir… isto, ejem, … co Opera.

  2. Vexo que non mintes, e os logs do servidor tampouco: concretamente, Opera 8.02. Unha boa elección, de todos os xeitos, aínda que non sexa SL
    O tema do ‘Linnux’ non é a primeira vez que aparece, por desgraza. A ninguén se lle ocorre escribir ‘Güindous’ ou algo semellante, porén.
    M$, con iniciativas como o Windows Genuine Advantage, que non permite actualizar copias pirateadas, pode estar dando pasos adiante de cara á ‘concienciación’ dos usuarios e ofrecerlles a oporunidade de coñecer sistemas operativos libres. Aínda que esta ‘Genuine Advantage’ xa foi habilmente crackeada…

  3. Non estou eu moi certo de que o usuario medio que usa o seu pc para xogar, chatear, navegar, … lle importen moito as actualizacións de seguridade. Digoó como “pringado instalador/formateador/técnico non pagado de M$”.

    Outro día falamos de porque moitos newbies dín que Windows da menos problemas que GNU/Linux: Sempre teñen un “pringao” coma mín cerca para que lles instale os programas, restaure o sistema, lles monte a rede, …

    Tampouco a xente é consciente do que lle pode supor ter fallas de seguridade ou non ter un antivus correndo. Coñezo a moitos que navegan pola rede a “pelo” e tendo en conta as ferramentas para lammers disponibles en Windows, calquer mente ociosa pode armar un grande destrozo nestas maquinas e ocasionar perda de datos e de privacidade.

    Un saudo

Deixar unha respostaCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.