Máis spam, isto é a guerra

Ultimamente estou a detectar -e sufrir- un preocupante aumento de novas modalidades de spam, que me obrigaron a tomar medidas drásticas. Agora xa non vou permitir rastros en ModestoWeb, dado que estou recibindo moitísimos (trece só hoxe) trackbacks procedentes do enderezo IP 213.33.239.9 (213.33.239.9.adsl-spb.net.rol.ru), de Rusia, nin máis nin menos, con nomes relativos a termos médicos. Aínda que non aparecen publicados, son unha molestia insoportable pola cantidade de mensaxes que recibo informando deles. Nunca máis. Como se non abondara con ofertas de medicamentos contra a impotencia, reloxos de marca de imitación, títulos universitarios falsos ou software pirateado a prezo de saldo.
Engádega: engadín o enderezo á lista negra e volvín permitir trackbacks. A ver se agora…
Tamén recibín unha enigmática mensaxe co seguinte texto:

Le agradecemos a Ud una compra con nuestra empresa.
Su orden No 85693258A para Canon EOS 350 D Digital Camera a total de ?? 729 fue aceptado.
Su carta bancaria se incluira en aquel importe.
Le agradecemos su compra.
Ud puede comprobar su orden en sus Parametros del Usuario
http://deagtea.com Apriete aqui para ver su orden
Muy atentamente,

Canon Online Store

Evidentemente, non me van entregar por erro ningunha cámara dixital. Pero, e isto é unha advertencia, os incautos que piquen na ligazón e sexan usuarios dun sistema operativo Windows sen actualizar axeitadamente, veranse infectados por un arquivo WMF que aproveita outro dos innumerables fallos do sistema de Microsoft.
Pasando o arquivo recibido polo antivirus clamav o resultado é:

/home/modesto/Virus Collection/xpl.wmf: Exploit.WMF.A FOUND

Deixar unha respostaCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.