Acabo de ver o primeiro episodio da serie A miña vida nas películas –My Life in Film-, que estreou esta noite a Galega, como contaba na súa edición de hoxe A Voz (traducida grazas a Vieiros e Dimensiona). Recoméndollela a todos os cinéfilos con senso do humor.
Espero que teña éxito e que non sexa retirada fulminantemente, como Cortes –Cutting it-, outra serie da BBC pero que chegou a un cativísimo 0,4% de share nas sobremesas galegas. Unha mágoa.
Engádega: A estrea de A miña vida nas películas tivo un 7,4% de share. Fonte: vertele.com.
Deixa unha respostaCancelar a resposta