Hoxe crackeáronme a base de datos do blog. Así que tardarei algún tempo en restaurar os contidos, porque non fixen o recomendabilísimo labor de facer copias da mesma cada pouco. A última era do 22 de febreiro. Un millón de grazas a Blogalego por gardar un arquivo de todos os posts ata agora.
Engádega: Xa están recuperados os artigos e comentarios de marzo. Só falta abril. Mañá estará todo recuperado -e xa teño copia de seguridade de todo-. 😉
A min pasoume hai cousa de mes e pico e dá moito noxo. Faláronme duns tipos que, cun programiña de nada, deixan o ordenador a buscar as claves do blog que lles interesa reventar. O que ten isto é que, como a ave fénix, sempre renacemos das nosas cinzas. Saúdos.
Sintoo moito. Non o vas denunciar? A unha amiga fixeronlle o mesmo cun foro que ela manten e pillaron ó culpable, agora a denuncia vai para diante.
Non vou denunciar a ese “pobre rapás” mexicano que supoño non ten outro entretemento no seu tempo libre que borrar bases de datos de blogs polo mundo adiante. Si denunciaría no caso de que fose alguén coñecido meu -ou contratado por algún coñecido meu- que teña algo contra min, pero non é o caso porque son un santiño… 👿