Para evitar duplicacións e metablogueos innecesarios, e, de paso, aforrar traballo, remito todas as persoas que desexen coñecer os detalles da ceanza de onte ao que nos contan Ghanito e Besbellinha, dous protagonistas de excepción dos feitos. Eu, pola miña banda, dedicareime a completar a información que falta e que se limita, máis ca nada, ao que aconteceu despois de marcharen eles.
A verdade é que non queda moito máis que contar, porque despois do Velvet decidirmos dirixirnos xa a Torre Esmeralda, para degustar o tradicional e saboroso chocolate con churros co que rematan adoito as chuzanoites coruñesas. E, como tamén é habitual nestes casos, a xente foi desaparecendo paulatina e misteriosamente, uns con despedida e outros sen ela. Como somos xente de recursos, estou seguro de que todo o mundo chegou a cadansúa casa nunhas condicións máis ou menos aceptábeis. De todos os xeitos, quedoume unha enorme dúbida: que foi dos libros do bookcrossing que quedaron na consigna da estación de tren?
Por certo, que moito do que se escoitou onte á noite é un material de excepcional interese para próximas Chuzanews. E si, efectivamente, son vulcaniano. Muahaha!
Eu despedinme eh? E como non sei se vos desexei bo ano…que teñamos todos un moi bo 2007!!!
Son eu outra vez, que eso de andar ensinando o peito en lugares públicos e andarse descamisando non está ben: panda indecentes!!!
Os livros levou-nos Xorna a Compospetra, como às seis nom estavades na estaçom…