Dende Windows

Estou a publicar dende Windows. Non é que lle pasara nada malo á Debian inestábel, grazas, pero é que estiven a fedellar cos drivers da tarxeta de rede sen fíos e agora mesmo non consigo que funcione. Só lle podía cambiar o enderezo MAC no kernel 2.6.18-3, pero queríame cambiar definitivamente ao 2.6.18-4, así que compilei o driver da Broadcom a través de ndiswrapper, pero non daba resultado: tampouco lle podía cambiar o MAC. Logo probei a instalar o driver bc43xx, pero dáme erros e non consegue potencia de emisión suficiente… En fin, que a cousa non hei de tardar moito en amañala, pero agora mesmo non é o momento.

Comentarios

3 respostas a “Dende Windows”

  1. Manuel González

    Eu tamén teño o driver bc43xx co kernel 2.6.18 e non teño ningún problema :-/

  2. tawilgz

    Eu também tinha problemas no bc43xx! Pergunte a Gato! XD

  3. […] MAC á tarxeta de rede sen fíos a través do módulo ndiswrapper. E, cando busco no Google, sáeme isto. Haberá que agardar a unha nova versión e probar de […]

Deixa unha respostaCancelar a resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.