O auto(in)móbil que tanto deu que falar e escribir nas últimas semanas marchou onte.
Como diría Desireless, «Bon voyage !»
Autor: Modesto
-
Xa marchou
-
O Bloque d’A Estrada defende o deterxente ese
Segundo se pode ler na edición de hoxe de El Correo Gallego.
E así o conta o propio BNG estradense.
Por certo, que o deterxente ese non é o deterxente Ese. -
Naceu Altofalante
Altofalante é unha nova asociación cultural radicada en Ribeira, da que podedes atopar máis información na bitácora de Paleón ou nesta nova de La Voz de Galicia.
Parabéns e boa sorte!
-
Autoinmóbil (2)
Como isto parece que se está a converter no misterio e/ou xogo do verán, alén do Sudoku, aí vai a segunda entrega, coas mesmas características da primeira. Pero coido que a historia rematará a vindeira semana, a máis tardar.