Autor: Modesto

  • Autoinmóbil

    Dende hai uns días véñolle facendo un seguimento gráfico a un vehículo que teño aparcado diante da miña casa. Non fai falla que diga cal é; só hai que ver a imaxe de abaixo. Supoño que ese coche leva aí dende o día 1 e seguirá ata o 31, sen moverse â€â€?porque creo que é dalgún turista, xa que a matrícula, aínda que non se apreza na foto, comeza por SSâ€â€?. Se para setembro segue no mesmo sitio, terei que chamar a Meli Fandiño, de Radio Pontevedra, para que se trate como o que debe ser: un RSU.

    A imaxe de abaixo está tomada dende un punto de vista diferente, así que non pensedes que o coche se moveu, eh?

  • Probando, probando



    Probando, probando, enviado orixinalmente por Modesto.

    Estou a comprobar se podo enviar posts directamente ata aquí.

    Engádega: Dende o teléfono móbil, quería dicir.

  • Actualizado a WordPress 1.5.2

    Nuns poucos minutos, decidinme a actualizar ModestoWeb á última versión de WordPress, a 1.5.2, o que provocou que durante ese tempo a páxina estivese ‘fóra de circulación’. O principal cambio é que desapareceron as enquisas, de momento, e case creo que definitivamente, porque penso que tampouco tiñan demasiada utilidade.

  • Router, te nesecito!

    Nada que ver co perruqueiro que fala cos defuntos…
    Dende o venres dispoño dun marabilloso router, o que me permitirá contar con conexión permanente a Internet, aínda que polo de agora non me deron de alta no novo contrato. Terei que ter coidado de desconectarme e apagar o aparello para que non me cobren as horas de máis.
    Non vou contar agora as aventuras que vivín configurando o utensilio que podedes ver aquí:

  • Poesía automática

    Os aduaneiros, que sempre nos sorprenden, preséntannos un xerador automático de poesía galega, e que nos descobre hoxe La Voz de Galicia. Esta innovación cibernética pode ser unha das causantes (ou a solución?) da crise do libro galego, que nos conta Galicia Hoxe. Moi interesante. A min saíume isto:

    Nin que dicir ten que a colega blogomilleira de Todo Nada está tamén detrás disto, concretamente da parte literaria. Parabéns!