Autor: Modesto

  • A aprender máis nomes

    Hoxe fixéronse públicos os nomes d@s nov@s conselleir@s â€â€?con paridade total e absoluta, como debe ser, aínda que a algúns non lles caiba na cachuchaâ€â€?. O problema será que agora haberá que aprender un por un os nomes dos novos cargos. Son os seguintes, como informa hoxe Vieiros:

    • Presidencia: Xosé Luís Méndez Romeu
    • Política Territorial: María Xosé Caride
    • Cultura: Ã?nxela Bugallo
    • Economía: Xosé Ramón Fernández Antonio
    • Medio Rural: Alfredo Suárez Canal
    • Industria, Comercio e Turismo: Fernando Blanco Ã?lvarez
    • Educación: Laura Sánchez Piñón
    • Pesca: Carme Gallego
    • Traballo: Ricardo Varela
    • Medio Ambiente: Xosé Manuel ‘Pachi’ Vázquez
    • Sanidade: María Xosé Rubio Vidal
    • Vivenda: Tareixa Táboas Veleiro

    Ler a nova completa.
    Eu sempre apostei por Carme Gallego como conselleira de Pesca, así que xa teño unha papeleta máis para converterme no futuro Rappel â€â€?ou Adelino Cano.

  • Outra vez en liña

    Parece que onte houbo algún que outro problema co servidor â€â€?como acontece ultimamente con bastante frecuencia os domingosâ€â€?. Ante todo quero confirmar que os AMIstosos non teñen nada que ver con isto. Que haxa paz.

  • Bomba en Compostela

    Parece ser que esta tarde estoupou unha mochila-bomba nun caixeiro automático situado a carón da compostelá praza de Galicia.
    Así o conta Galicia Hoxe.

    (Imaxe da TVG)

  • Algo está a cambiar na CRTVG

    Polo menos, na súa páxina web.
    Máis cousas: ¿a ‘hora galega’ está unha hora atrasada con respecto á española adrede?

  • Desinformativos Telecinco

    É certo que no verán hai poucas novas de relevancia, pero chegar a estes límites fai que un se reafirme a favor da obxección de conciencia xornalística.
    Bulería, bulería…