Hoxe podemos ler na edición do Barbanza de La Voz de Galicia unha sorprendente nova: o cupón da ONCE deste domingo estará dedicado a Ribeira. Ata aí, todo ben. O malo é que se ollamos detidamente a imaxe, descubriremos que este domingo NON É 17 de outubro, senón 17 de xullo. Haberá que agardar tres meses, logo. Ademais, o día do sorteo caerá en luns. Errare humanum est, Aniña.
Engádega: Ribeira escríbese con B.
Autor: Modesto
-
Xa estamos en outubro
-
Creative Commons, en galego dende hoxe
Dende hoxe, as licenzas Creative Commons teñen versión en galego, grazas ao Consello da Cultura Galega. ModestoWeb incorpora, xa que logo, unha ligazón a ese texto traducido.
Ler máis…
-
Sogecable poderá emitir en aberto con certas restricións
Como aparece na nova de Europa Press, o futuro Canal 4 poderá emitir en aberto se garante a libre competencia nos dereitos de fútbol e cinema e coa condición de poñer en marcha unha campaña para fomentar a implantación da Televisión Dixital Terrestre nos fogares.
Ler máis...
-
A nova imaxe da TVG
Proximamente nas súas pantallas.
Tamén é moi probable que deixemos de ver gravatas desta cor:
-
Gotcha, Pau!
Navegando sempre se atopan cousas interesantes. Por exemplo, este blo. Alí podo ler os comentarios dun rapaz que fixo prácticas na empresa na que traballei ata hai tres meses. Nunca está de máis comprobar outros puntos de vista. Naturalmente, o máis interesante está no verán do 2004.
Este é un dos momentos máis saborosos:Mañana estrenan en el cine de Ribeira Mar Adentro, que fue rodada en la comarca, porque la Ramona Maneiro que no para de salir es de una aldea de la Puebla. Y voy a tener que ir a cubrir la noticia del estreno y… horror!!!!! voy a tener que hacer una ENTRADILLA. Aunque sólo a lo mejor. Porque el jefe-delegado de zona, Fran, me dijo que a él no le molaba tampoco nada hacer entradillas y que así por lo menos practicaba otra cosa más, que realmente es lo último que me falta para el pleno completo. Pero no me gusta nada.
Mira, realmente quiero acabar ya sólo por lo de no tener que ir ahí mañana y tarde, que aparte de eso me lo paso bastante bien y estoy aprendiendo mogollón. Ahora ya se me entiende más en la tele, aunque aún voy rapidillo, pero avanzando.
Y el domingo por la mañana voy a tener que grabar una romería, pero eso mola, porque dan empanadas de millo de berberecho (las mejores, en mi humilde opinión) gratis. Y mañana y el sábado hay un salón de la conserva con degustaciones gratuitas. Así que no os preocupéis por mí, que este finde no tengo posibilidad de pasar hambre.Por certo, non lembro aquela entradiña… Outra cousa: de min non fala. Mellor…