Hoxe foi un día grande para A Coruña. Centos ou mesmo miles de traballadores da Cultura, o Ensino e a Sanidade de toda España desfilaron polo paseo marítimo herculino amosando o seu bo facer diario aos cidadáns. Por un día, sofisticados aparellos de diagnose radiolóxica, coleccións enciclopédicas completas e obras de arte saíron ás rúas para demostrarlles aos veciños que os seus impostos están ben investidos, etcétera, etcétera.
Autor: Modesto
-
HQB no Son
Disque hoxe proxectan na Casa da Cultura de Porto do Son esa «morralla» e «porquería» do «mundo da incultura» que non se anuncia na televisión nin en ningures. E tamén é posible que, se cumpre co seu cometido, non se volva saber máis dela a partir do 20 de xuño, como acontecera o 15 de marzo do ano pasado con outro filme que se chamaba Hay motivo ou algo así.
Gran desembarco de persoeiros dun partido político que non está autorizado a empregar este filme con fins electoralistas. -
Tocoume
Pois si. Tocoume estar diante da mesa electoral o 19-X ás oito da mañá, de primeiro suplente do presidente. Espero que o elixido para o cargo non falle á cita, aínda que, sabendo quen é, non creo que lle conveña faltar ás súas obrigas democráticas.
E, se teño que quedar, quedarei. Vou estudar a conciencia o manual de instrucións para membros das mesas. -
Día da Paz e da Dieta
Esta celebración é o mellor xeito de contrarrestar o militarismo e as romarías. Ademais, non provoca acidez de estómago.
-
Non quere que o boten
A foto de El Correo Gallego é moi descritiva.
Pero eles tampouco lle teñen medo.
Ademais, segundo os termos e condicións do Copiceibe, o PPdeG é a única formación política autorizada a empregar o filme de xeito partidista.