A Galega pasa o Shin Chan ás nove e media da noite. Pero xa fixeron experimentos antes, e, aquí, contámolo.
Autor: Modesto
-
Liberdade de prensa
O 3 de maio celébrase o día mundial da liberdade de prensa, algo que teoricamente xa existe nas democracias e que só falta no terceiro mundo, aínda que na práctica todos sabemos que a liberdade total e absoluta de prensa non existe aínda. A Internet pode ser un primeiro paso.
Como está tan de moda isto das «pulseritas», pois ocorréuseme inventar a «Modestrong» a imaxe e semellanza da ideada por Lance Armstrong que, debido aos bos beneficios que está a obter mediante a bixutería de plexiglás, decidiu abandonar a práctica profesional do ciclismo. Por fin o resto dos mortais terán unha oportunidade no Tour de Francia…
Outra cousa: a «Modestrong» é completamente gratuíta, invisible (non fai falta poñela en ningunha parte do corpo, senón que abonda con levala na alma), e, o mellor de todo, vale para calquera cousa que se considere inxusta ou que ten que solucionarse. Pero, como acontece cos produtos adelgazantes, que se deben complementar cun consumo reducido de graxas e a práctica de exercicio, o mellor xeito de acadar os obxectivos é loitando por eles.
Xa me esquecía: o día mundial da liberdade de prensa é xornada festiva para os estudantes de Xornalismo de Santiago. Para os que non o saiban, hai uns oito anos ou así escollemos ese día do patrón porque se pode facer ponte co 1 de maio. -
Rosalía de Castro a 3 euros
Pois iso: mes das Letras Galegas, claro. O billete de vinte pesos que aparece máis abaixo é meu, pero o da «nosa» Rosalía atopeino por aí adiante. O valor da cultura…
-
Renovarse ou morrer
Como xa había tempo que non facía cambios na páxina, decidinme a modificar os fondos e a suprimir a sección do «libro recomendado», pois, coa chegada do mes de maio, non van faltar as promocións bibliográficas en galego por todas partes. A partir de agora, as recomendacións literarias, en ModestoWeb2.
Por certo, que se non ves transparente o logo de ModestoWeb, é probable que esteas a empregar este defectuoso navegador.
E que ninguén interprete o título deste post en relación co inmediatamente inferior.