O medio no que traballei ata o mes pasado tivo unha xenial idea. Como esta tarde se nos ocorreu poñer “promos” de que iamos emitir determinado evento pola noite, decidiron emitir o mesmo -pero en bruto- un par de horas antes. Xa postos, poderían telo feito xa onte pola noite…
Autor: Modesto
-
Beiras dimitiu
Esta nova sérveme de escusa para lembrar cándo certo político de certa comarca de Galicia -que ademais é a persoa máis rica desa comarca de Galicia- decidiu abandonar a política. Por orde expresa dun antigo meu xefe, tiven que participar no despropósito de dedicarlle un informativo monográfico. Foi uhha cousa tan lambecueira, se se me permite o novo adxectivo, que moitos espectadores pensaron que se trataba dunha necrolóxica.
-
Voto útil
Eis outra imaxe procedente do futuro, concretamente do vindeiro mes de outubro. Perdón, xuño.
-
Enquisa electoral
Quen gañará as vindeiras eleccións autonómicas?
A) Fraga
B) Touriño
C) Quintana