Este post pretende ser varias cousas ao mesmo tempo. Por unha banda, un recordatorio a Joaquín Luqui. Por outra, unha nova actualización do blog, porque algúns pensaron que me pasara algo… Así que escribo isto por petición popular (ou sería mellor dicir socialista?). E, finalmente, para os que xa estaban fartos do libro de Yolanda Castaño, non me quedaba máis remedio que botar man dos libros recomendados da facultade, que moito temo que seguirán a “gozar” as novas xeracións. Marilines é moita Marilines. Ata ten dominio propio!
Autor: Modesto
-
Egoísta, egoísta
A nova recomendación literaria é O libro da egoísta, de Yolanda Castaño. Hai dous motivos para darlle espazo aquí a esta obra:
1º José Vicente Domínguez vén de presentar o seu novo libro, titulado ¿Que nos estades facendo?, e que non ten nada que ver con ese atroz cartaz pro-vexetariano que pon ¡Dejadnos vivir! ¡No nos comáis! De seguro que se o vistes, sabes do que falo.
2º Que a propia Yolanda Castaño, ou alguén que se fixo pasar por ela, está moi leda co primeiro número da revista Mala. -
Sen imaxes
Non sei se alguén se decatou de que, supetamente, todas as imaxes deste blog desapareceron. Tentarei resolvelo axiña.
Decidín volver á “casa”, Wanadoo. Xa que me agasallan con 50 megas pola conexión a Internet… Mágoa que se excedo unha determinada cantidade de tráfico mensual, suponse que me van cobrar máis. Espero que non. ModestoWeb tampouco é Google.