Navegando, navegando, atopei esta foto.
Autor: Modesto
-
Lembranzas da facultade
-
Retuning (e II)
Por fin rematei de trasladar os comentarios de Haloscan a Blogger. Casualmente, atopei un saúdo de Jean-Pierre no primeiro post.
Como xa sabedes, este blog non está em português. -
Retuning
Outra modificación máis nesta web, e non será a derradeira. Ocorréuseme cambiar o sistema de publicación de comentarios. Deixei Haloscan e deille unha oportunidade ás novidades de Blogger. Agora teño que pasar os comentarios ‘antigos’ á nova base de datos. De momento, só están reconstruídos os dos meses de Fevereiro e Março. Axiña, Dezembro e Janeiro.
-
Cambio de licenza
Pois si. Tiña un día solidario e filantrópico e decidín que, a partir de agora, todos os textos e imaxes creados por min que aparezan nesta web poden ser empregados e modificados por outras persoas (e polos que non son persoas, tamén), mesmo de xeito comercial.
Esta é a nova licenza. -
Frases para a Historia
«En todas as redaccións atoparedes un fillo de puta» (Fernando Ónega)
Nalgunhas, mesmo máis dun.«Necesito un enchufe» (Juana de Radio Discolócate)
E quen non?À suivre