O libro que formará parte do recanto literario durante os vindeiros días está recomendado polo mesmísimo presidente da Xunta.
Autor: Modesto
-
Pato, préstame tu vida
Esta noite, o patrón maior de Portosín, Eduardo Carreño, máis coñecido como Pato, será un dos protagonistas do reality Préstame tu vida, de TVE. Durante unha semana, intercambiou a súa vida coa de… unha drag-queen!
I wouldn’t do it. -
Club de fans de Lorena Berdún
Se o buscabas aquí, non acertaches.
-
Trasnos da imprenta?
Na edición do Barbanza de La Voz de Galicia de hoxe:
Paréceme incrible que nun medio de tal prestixio e tirada aparezan publicadas cousas como esta. Dende logo, cando eu traballaba alí esixíanme bastante máis, ou igual mo parece a min. Disque cando un pensa que todos os demais están tolos, é que o tolo é el. Quen sabe?
O que si podo asegurar é que chegaron a dicirme que era mellor que non escribira en galego, porque non dominaba ben a lingua. Velaí un extracto das miñas notas da facultade:
Non fago máis comentarios. Facédeos vós.