Autor: Modesto

  • Outra vez Ramona

    Estas fotos póñoas porque saio eu. Todo un exercicio de egocentrismo.

  • Así pagan en TeleSierra

    Puidémolo ver onte no programa 7 días, 7 noches de Antena 3.

    Velaquí a páxina dun peculiar club de fans desta canle…

  • Modestos no mundo

    Aínda que algunha vez cheguei a pensar que era o único Modesto do mundo -familia propia á parte-, o certo é que che hai moitos blogs de Modestos polo globo terráqueo adiante. Por exemplo, Da Boop, o weblog de Alexandre Modesto (complètement écrit en français), ou esta cousa polaca, que se actualizou por última vez no ano 2003. Tamén hai un admirador de Paulina Rubio, que ciberocupou o dominio modesto.tk, por non falar da cidade californiana de Modesto, co seu xornal e a súa policía. Tamén hai unha que se chama Ramona.

  • De Pobra a Pobra e tiro porque me toca

    Como non se me ocorría outra cousa que postear, teño que botar man dunha simpatiquísima anécdota do programa Encontros (para variar).
    A nosa idolatrada Maricarmen confundiu A Pobra de Brollón coa Pobra do Caramiñal, nunha entrevista imposible a unha emigrante arxentina.

  • Encontros musicais

    O programa Encontros, da TVG, é un pozo sen fondo inesgotable de material e inspiración para este blog, sen dúbida. O magacín presentado pola incomparable Maricarmen Mella ofreceunos esta semana a actuación estelar de Malena Gracia, unha das protagonistas máis asiduas dos programas de tele-lixo (aínda que, tamén, hai que dicir que a culpa do tele-lixo é de quen o fai e de quen o ve, non dos pobres personaxes dos que se nutren estes espazos, como Malena). Aí a tedes, no Encontros. Dentro de nada pasará tamén por Noites de Xolda e Supermartes. Tempo ao tempo. Por certo, que o vestiario, tanto dela como dos bailaríns, parece máis propio dun desfile de moda de Agatha Ruiz de la Prada ou dalgún dos seus pupilos… ou será cousa do Entroido?