Autor: Modesto

  • Que! Mande?

    Hai uns días saíu á rúa o novo xornal gratuíto do grupo Recoletos. Chámase Qué! e ten dúas edicións en Galicia: a d’A Coruña e a de Vigo. Ningunha das dúas destaca polo uso da nosa lingua, aínda que, como era de esperar, a coruñesa menos aínda ca a viguesa. Como ata as aldeas non chega a súa distribución, polo menos pódese consultar online a edición íntegra en PDF.
    Por certo: outros que descobren os blogs.

  • Futuroloxía

    Non creo nos adiviños, nos xogos de azar nin nos concursos por SMS e 806.

  • Desconexión publicitaria

    Este é un exemplo das desconexións publicitarias que se poden ver dende o repetidor de Antena 3 en Noia (canal 40 UHF). Leva así dende a súa inauguración, o día de san Fermín de 1993, polo que me pregunto qué pensarán as empresas que se anuncien para Galicia coa suposta intención de cubrir o país. Viva Castela-A Mancha! Viva Retevisión! Viva o Hispasat!

  • Todo pola audiencia

    Xavier Sardà sempre comeza o seu Crónicas Marcianas fachendeando dos seus índices de audiencia. Pero, se para acadalos ten que recorrer a espectáculos coma este… A este paso, o humor de Buenafuente ou do Wyoming, ou mesmo o de Manquiña poden acabar superándoo por aburrimento.
    Nos seus comezos, Galindo criticaría isto coa súa expresión de “tetas, tetas, tetas”, que é o que acabou sendo o programa líder do night-time.

    Esta imaxe está censurada, porque esta páxina vena persoas dos Estados Unidos, e o servidor de blogger tamén está emprazado nese país tan mamilófobo. Ata hai páxinas coas capturas dese momento-teta!
    Pero, se pulsas sobre a imaxe, verala completa… Aínda que cousas así se poden ver todos os días na nosa querida terriña.
    Non recomendado a menores de 18 anos, aínda que hoxe en día os menores de 18 anos poderíanlle dar clases a Lorena Berdún.