Autor: Modesto

  • 59″≠Crónicas Marcianas

    Evidentemente, non é o mesmo. Pero Moncha volveu saír na TV -como xa anunciara, por outra banda- e sen cobrar.

  • Invasión da intimidade?

    Como estamos co tema televisivo, hoxe en CanalTambre (televisión local de Noia) ocorréuselles ofrecer a lista de premiados do sorteo da campaña de nadal da federación de empresarios do Barbanza tal e como llela enviaron… Pero esqueceron tapar os números de teléfono dos afortunados. Non foi o meu caso aquí:

  • Metedura de pata

    Non sei se se puido ver/escoitar noutras partes de Galicia, pero, cando menos na miña casa, esta noite podíase ver o informativo local de Vigo e escoitar o son de Santiago. Imaxinade esta rapaza coa voz de Manuel Torrente (este non)…

    Iso non pasa nin na televisión local na que traballo!

  • ModestoWebRadio (agora si)

    Xa está soando dende o mediodía, e pódese escoitar aquí ou aquí, dependendo do programa que empreguedes. Calidade moi baixa (24 kbps, mono) e un máximo de catro ouvintes simultáneos. Por suposto, é algo completamente experimental e/ou educativo, sen ninguna outra pretensión de tipo comercial… Seguirá online ata as seis da tarde (hora galega ou CET, claro). Gozade da música, se tedes bandullo de abondo…
    A programación vaise ir repetindo constantemente, como en Kiss FM.