Xa sei que parece unha obsesión, pero non podo evitar ver o programa Encontros cada semana, porque non ten desperdicio. Nesta ocasión, Maricarmen Mella foi a Londres a conta dos contribuíntes, e, á parte de falar mal dos ingleses, que se son moi pechados e tal e cal -como se os galegos fósemos tropicais, ou algo parecido, aínda que ela si o é, que para algo é Miss Cacaolat– puidemos comprobar o seu gusto polos hot-dogs, en castelán perritos calientes e en portugués cachorros-quentes. Mellor será empregar a variante lusófona, pois nos dá unha idea de por que chegou tan alto esta gran Xornalista con maiúsculas… Vivan os Cach@rros!
Autor: Modesto
-
Cach@rro-quente en Londres
-
E a ti, que che trouxeron os Reis?
A Paco Vázquez trouxéronlle isto…
-
Máis participación
Publico este breve texto para estrear o ano 2005, porque vai parecer que aínda estou a sufrir as consecuencias do recibimento destes 365 días que, por fin, non serán xacobeos. Nada máis lonxe da realidade, pero, en fin, tanto ten.
Estou preocupado porque ultimamente parece que a xente pasa de todo. Niso coincido con O’Xirarei. Tanto é así que estou considerando moi seriamente a posibilidade de asistir á asemblea xeral do CPXG o vindeiro sábado 15, xa que o 18 de decembro non se acadou o 5% de quorum (!)
Algúen ten que defender a profesión, aínda que non creo que eu sexa precisamente o salvador do xornalismo galego -nin moito menos do mundial.
Outro día contarei por que me fixen “profesional”. Quizais para non sentir noxo de min mesmo… 🙁 -
A Vos de Jalisia
A Confraría da Dorna de Ribeira sacou un novo periódico o 28 de decembro.