Como todos os anos por estas datas do Nadal, o Concello de Boiro convidounos aos xornalistas da comarca a unha cea no restaurante Chicolino, na que os membros do equipo de goberno aproveitaron para ofrecer algunha que outra primicia. Para que quede constancia, velaí as fotos publicadas na prensa (dixital):
Aquí había tamén unha foto do Diario de Arousa, pero desapareceu. Preguntádelle a Paco Lobatón.
Por certo! Que había un micro co dado de “Siete Lunas” (o programa do Lobatón) diante de Moncha Maneiro o día da súa rolda de prensa. Todas as pezas acaban encaixando.
Autor: Modesto
Están tolos estes da Galega
Mira que poñer a Shin Chan ás dez da noite… Terá isto algo que ver co horario de superprotección infantil?
Del Pita Pita Del
Bo Nadal
Ola
Esta é a primeira entrada deste blog. Espero que non sexa a derradeira…