Autor: Modesto
-
Friquitops
Unha das últimas modas no YouTube son os vídeos recompilatorios creados por afeccionados que nos amosan as súas apostas para Eurovisión 2012. O amigo hpimu fixo tamén a súa propia recompilación, que xa leva tres “non me gusta” no servizo de vídeos de Google.
[youtube http://www.youtube.com/watch?v=DfzbMTAdUss]
-
29M
Como persoa desempregada, apoio a folga xeral de hoxe por diversas razóns, todas elas relacionadas co meu rexeitamento á reforma laboral. A miña xustificación vai ser, neste caso, completamente egoísta:
- A nova normativa vai dificultar o meu acceso ao mercado laboral, pois facilita a contratación de varios colectivos, fronte a unha persoa de 35 anos coma min.
- Precariza o emprego. Cando consiga un traballo, teño a certeza de que vou estar máis desprotexido fronte a posibles despedimentos indiscriminados.
- Facilita a baixada dos soldos, que xa eran dos máis baixos da Europa occidental. Teño tamén a certeza case total de que no próximo emprego que consiga vou cobrar menos do que estou a cobrar de prestación por desemprego.
Por todo isto, eu hoxe protesto non mercando nada. Tampouco me importaría que me descontasen un día de paro, se é que iso fose legalmente posible.
Ah, pois, ao final, este blog si que se actualizou hoxe.
-
2012
A ver se este ano 2012 que comeza supón un rexurdimento da prensa en galego, despois dos peches acontecidos a partir de 2010. Polo de pronto, parece que están a ser un éxito as peticións de apoio levadas a cabo pola plataforma Vitaminas para o galego ou a de Sermos Galiza, co que moi pronto contaremos con novos medios, como é o caso de Praza Pública. Está en marcha dende hai pouco Tempos Dixital, a versión en liña de Tempos Novos. E xa nun eido non estritamente informativo, tampouco podemos esquecer o traballo dos compañeiros de Letra en Obras.
E agora poño este vídeo porque está relacionado. Ou non.
[flash http://www.youtube.com/watch?v=byJXzdJMXf4]
Actualización: E, efectivamente, como apunta Basilio Jr. tamén imos ter este ano un refrescante Dioivo, co que vai ser un auténtico dioivo de novidades na internet galega. Velaquí un dos adiantos cos que nos van agasallando.
[flash http://www.youtube.com/watch?v=80bLJNWPYtU]
-
Vacacións (II)
Pois ben, as vacacións realmente comezaron en setembro.