Autor: Modesto

  • Vacacións

    Pois a partir de agora vou ter aínda menos tempo de actualizar o blog, por rematar este ano sabático.

  • Inventa a túa propia telenovela

    Sempre ao servizo dos guionistas en potencia, dende hai uns días YouTube ofrécenos a posibilidade de inventar as nosas propias paranoias audiovisuais grazas ao servizo “create”, con varias ferramentas, entre elas GoAnimate e Xtranormal, coas que se poden obter resultados coma estes, con tan só escribir unhas parvadas e engadir uns efectos dun xeito moi sinxelo.

  • Primolariiiiiii!

    Hoxe hai 25 anos que se estreou esta serie tan lembrada, que creou tendencia na dobraxe española de Balki -que non se sabe exactamente de onde procedía-, con personaxes como Apu, dos Simpson, ou Sayid, de Lost. Tamén crearon tendencia -en Islandia- os xerseis que levaba o primo Larry.

    Estreouse nos 80 nos Estados Unidos -onde durou oito temporadas- e despois nos 90 en España naquel interesante Canal+ en aberto.

    [flash http://www.youtube.com/watch?v=qfeHaRHy1bk]

    Tamén hai unha web moi recomendábel, de deseño claramente revival, sobre a serie.

    Parece ser que hai uns anos se fixo unha adaptación rusa, coa particularidade de que o primo non vén da illa pseudogrega de Mypos, senón de Euskadi, ou algo así.

    [flash http://www.youtube.com/watch?v=YHKQm2WdpV0]

  • Falsas autopromocións

    Aínda que moita xente xa as viu no seu momento, vou poñer aquí tres promos falsas que se me deu por crear, coincidindo ou non con diversas efemérides e temas de candente actualidade.

    [flash http://www.youtube.com/watch?v=hEevun4uFRI]

    [flash http://www.youtube.com/watch?v=YPzvhEvNTRw]

    [flash http://www.youtube.com/watch?v=qUrDovNSiWI]

  • 21 normas

    Hoxe atopei, por casualidade, este recorte que tiña gardado. Non sei se, despois de seis anos e medio, se cumpriu o compromiso ou aínda está en trámite. Ben, creo que vale para case todas as novas da páxina.