Autor: Modesto

  • Pechada polo FBI

    Vaia susto que levei onte á tarde cando decidín entrar na recomendábel web brasileira de subtítulos Legendas.tv para ver se xa tiñan os do Doutor Who desta semana, e vin esta arrepiante mensaxe do FBI, que non sei que pinta no Brasil, nunha web que non distribúe nin sequera arquivos de vídeo.

    O máis estraño é que poucos minutos despois, a web era accesíbel, como sempre, e non puxeron ningún aviso do que acontecera, nin desculpas, nin nada. WTF? O FBI só mola na tele, como en The X Files ou na nova -e que recomendo encarecidamente- próxima serie de J. J. Abrahams, Fringe.

  • Resistance is futile

    Non nos queren deixar en paz. Está visto que hoxe é aconsellábel deixar ben apagado o televisor.

  • Changelog

    Como xa comprobarían os visitantes habituais, agora no menú ese boiante da esquerda tamén se pode traducir a páxina, ademais de ao castelán de Castela, ao galego de Portugal reintegrado, grazas á tecnoloxía de vangarda de Opentrad e de Imaxin.

  • Do it, do it again

    Vídeo

    Non coñecía esta versión en inglés do famoso tema de Raffaella Carrà. Tívoa que rescatar Russell T. Davies no episodio desta fin de semana do Doutor Who.

  • Provlemas de havastesimiento

    Un amigo blogueiro, do que non vou dicir o nome porque non sei se prefire permanecer no economato, pásame esta captura dun famoso xornal que nos demostra que é perfectamente compatíbel ser analfabeto e crer que ETA tivo algo que ver co 11-M. Ademais, sérveme para completar esta sorte de monográfico do apartado E-Ratas que fai que miles de persoas visiten este blog buscando fotos de ratas, e non as atopen. Ademais, o tema é de rabuda actualidade.