A imaxe máis buscada -e máis pendurada en foros externos- de todas as que se inclúen neste blog, e unha das que recibe máis visitas por todo o anterior, é á que se accede cando se preme na imaxe censurada desta entrada. Nun principio, era a mesma imaxe, pero a un tamaño de 720×576 e sen as estreliñas. Porén, por iso de que se achega o 1 de abril e tal, decidin substituíla por esta, moito máis eurovisiva. Saúde, paghilheiros!
Autor: Modesto
-
Leidi leidi leidi chiqui chiqui chiqui
Hai só 24 anos (e non mil):
-
Juventude em marcha Galiza Net 2008
Ao final, si que estarei no encontro, casualmente o primeiro ano que non podería en teoría por idade, e tampouco vou estar en plan lúdico, senón traballando. Sinto moito que algunha xente, como Ghanito, non poida estar este ano, pero de seguro que atoparei con algún que outro lector ou lectora deste modesto blog. Vémonos!
Ah, si, puxen no título un dos filmes favoritos de Pawley para facer o inevitábel xogo de palabras 😉
-
Debería plantearme cambiar (de estado)
Prefiro mil veces Dustin the Turkey.
Non o podía dicir mellor e non o podía dicir peor. Porque Eurovision-Spain non é a delegación española de Eurovisión, e Rodolfo Chikilicuatre non se chama Chiquilicuatro.