Hai que ver que ben lle queda o titular de arriba á foto de abaixo.
Autor: Modesto
-
Eleccións outra vez
En Pezones Blancos todo é posíbel. E tamén hai unha colección bastante ampla no Flickr.
WARNING: Está en castelán. 😉
-
Entroidada podcasteira
Hoxe, martes de Entroido vaise desenvolver a (primeira?) xuntanza podcasteira en Compostela. Haberá que ir disfrazado? De calquera xeito, isto váleme para lembrar que teño a intención de comezar axiña o PodPailán Nº 0, pero, claro, a intención non abonda. Beizóns.
-
PEYISCOS DEL PUERCO
Esta canción, Im Nin’Alu, de Ofra Haza, serve para lembrar, non o triste remate da súa vida, senón a festa que congregou unha boa porción do blogomillo onte na Coruña. A canción en cuestión non soou na festa, senón despois, nun local da Beiramar onde fan redadas policiais antidroga.
Continuará…