Autor: Modesto
-
Feliciano 2008
Nesta ocasión, a felicitación non podía vir doutra persoa máis ca do tenista Feliciano López, tamén coñecido como Feliciano Pérez.
Relacionada: Feliciano 2005 (para que se vexa que este blog xa ten tres anos e pico).
-
Radio María
Temos nova emisora pirata no Son: Radio María. A pesar do que indica a foto, non é unha radio especializada en música reggae e liña editorial a prol da legalización do cannabis. Xa hai un tempo comezara a funcionar ao outro lado do Barbanza coa pretensión de chegar até Compostela, pero parece que non funcionara a cousa. Agora, está aquí, como se pode comprobar na listaxe de frecuencias.
-
Las Crismas
Este ano -nin os anteriores- non fixen ningún tipo de mensaxe de felicitación nin nada. A ver se para o Ano Novo. De momento, velaí unha mostra natalicia kitsch (non atopei ningún vídeo decente de Boney M):
E esta vai para Zerovacas, que sei que lle gusta moito:
-
Buck Rogers no século XXV
Fedellando no YouTube atopei este vídeo. Gozade de boas lembranzas. Dous avisos: non está enteiro e a dobraxe non é como as de agora: