Autor: Modesto

  • Un mes menos no Son

    Tanto falar de fusos horarios e da hora galega e resulta que no meu concello temos un mes menos e todo! Isto serve, de paso, para falar de temas audiovisuais, de novas canles que chegan á miña ría, que é miña pero tamén de todos, pero que chegan tarde para que me vexa a min mesmo, porque aínda que se me siga a ver a min mesmo, eu xa non estou aló senón acó. E si, teño un día un pouco troll, que pasa?

    Xa chegará o momento de que faga capturas de min mesmo mesmamente, porque seguro que terei ∞+1 posibilidades de volverme ver.

  • Novo sabor?

    Aínda non o probara, a verdade.

  • Wifelí

    Como dicía a Faraona nun spot de tabaco superboísimo para a saúde, xa podo bloguear tranquilamente dende unha rede wireless porque puiden conseguir dominar o ndiswrapper. A solución foi retrotraerme á versión 1.28 -en vez da supermoderna 1.41 de Debian Unstable-, descargándoa directamente de SourceForge, e compilala con esas palabras máxicas que son

    make && make install

    Como diría Hiro Nakamura, YATÁ!

    Actualización (31 de maio): O ndiswrapper 1.45 soluciona todo isto.

  • Contra a corrente

    Se eu fose Calidonia, tería datos fiábeis sobre a porcentaxe de blogueiros que hoxe lle dedicaron unha entrada ao 25 de Abril. Pero non o vou facer. E como tampouco son Carmucha, non vou criticar ningún deles, porque ese sentimento lusófilo moitas veces non se pode evitar. Aínda que, nun día como este, os portugueses son os que máis pasan da lembranza daquel 25 de abril de 1974 e prefiren marchar de vacacións a algures como, por exemplo, Galiza, envorcada na lusofilia -que é unha parafilia como calquera outra.

    Portugal

  • Eu tamén quero facer un videoblog

    Aínda que non saín moi favorecido… 😀