Parvadas que fai un para pasar o tempo, e que poden servir para algo ou non.
Autor: Modesto
-
Delinqueint
Como hoxe teño o día de vídeos musicais, para compensar o de abaixo, poño este fermoso tema da primeira formación dos Modena City Ramblers, Delinqueint ed Mòdna, en emiliano-romañolo modenés, claro.

-
Hai 17 anos
Aínda que non son partidario deles, como é o día, pois… Non se me ocorría ningunha outra cousa.
-
Como rematará ‘Lost’?
Eu seino: John Locke vai acabar traballando de camareiro, aínda que aquí apareza de cazador ou algo semellante.
-
Está viva!
A escritora noiesa María Mariño, á que se lle dedica este ano o Día das Letras, presentou hoxe o seu novo libro en Compostela. Se o di LVG, será verdade.