Autor: Modesto

  • Alá vai outro ano

    E, a verdade, non estivo mal. A ver o próximo.

  • O día despois da ceanza

    Para evitar duplicacións e metablogueos innecesarios, e, de paso, aforrar traballo, remito todas as persoas que desexen coñecer os detalles da ceanza de onte ao que nos contan Ghanito e Besbellinha, dous protagonistas de excepción dos feitos. Eu, pola miña banda, dedicareime a completar a información que falta e que se limita, máis ca nada, ao que aconteceu despois de marcharen eles.

    A verdade é que non queda moito máis que contar, porque despois do Velvet decidirmos dirixirnos xa a Torre Esmeralda, para degustar o tradicional e saboroso chocolate con churros co que rematan adoito as chuzanoites coruñesas. E, como tamén é habitual nestes casos, a xente foi desaparecendo paulatina e misteriosamente, uns con despedida e outros sen ela. Como somos xente de recursos, estou seguro de que todo o mundo chegou a cadansúa casa nunhas condicións máis ou menos aceptábeis. De todos os xeitos, quedoume unha enorme dúbida: que foi dos libros do bookcrossing que quedaron na consigna da estación de tren?

    Por certo, que moito do que se escoitou onte á noite é un material de excepcional interese para próximas Chuzanews. E si, efectivamente, son vulcaniano. Muahaha!

  • Que teima co himno

    Se o cantaran eles, non tería habido tanta polémica.

  • Ceanza

    Todo está listo para a celebración da xantanza de Nadal 2006-07, que, se todo sae como parece ser que sairá, non será xantanza, senón ceanza, e virá confirmar que o ascaridato non rematou aínda. O ascaplan integral contempla cea e allnightlong o venres 29 na Coruña. Xa contarei aquí o que pase, cando chegue o seu momento. Grazas ás fotos de O’Xirarei e ás de Xosé Antón, podemos lembrar como fora a do ano pasado, cando o blogomillo aínda estaba vivo. Agora, a blogomorgue -que seica hai xente que di que a culpa é de Chuza!– xuntarase na capital de Galiza segundo Paco Vázquez. Curioso que a última vez que vira esas fotos non coñecía ningún dos presentes, e agora si, case todos. Xente fantástica, por certo. Veremos -e leremos- como sae todo.