Autor: Modesto

  • Xa existimos

    Tense dito que, se non estás na internet, non existes. É máis: poderiamos dicir que, se non estás en Google, non formas parte deste mundo. Pois, por fin, Google Maps incorpora os nomes de todas as cidades, vilas, aldeas, parroquias e mesmo rúas da nosa nación. Xa era hora.

  • O calendario

    Por fin conseguín que este calendario da dereita se vise correctamente en todos os navegadores. Ata agora só se vía como eu quería que se vise no Firefox, que, por certo, é o único que cumpre ao pé da letra cos estándares. O problema estaba na etiqueta caption, que rodeaba o nome do mes, e que para algúns programas herda directamente o estilo da táboa que encabeza e para outros ten propiedades diferentes, o que facía imposible atopar unha solución para todos os browsers: se lle daba unha marxe, nuns agregábase á da táboa. Se lla quitaba, noutros quedaba sen ningunha das dúas. Decisión salomónica: modificar o código do calendario para que o mes estea incluído nunha div fóra da táboa. O resultado, á vista.

  • Ata mañá

    Nunca te deitarás sen descubrir unha sorpresa máis.
    Santiago Pemán ten páxina web!

    En breve estararemos a su entera disposición.
    Un saludo.
    Santiago Pemán

  • Recuperado

    Todo volve ser coma antes, despois das lixeiras molestias causadas por algún impertinente descoñecido que, desgrazadamente, seguirá facendo das súas por aí adiante ata que o metan no caldeiro.

  • Putos crackers

    Hoxe crackeáronme a base de datos do blog. Así que tardarei algún tempo en restaurar os contidos, porque non fixen o recomendabilísimo labor de facer copias da mesma cada pouco. A última era do 22 de febreiro. Un millón de grazas a Blogalego por gardar un arquivo de todos os posts ata agora.
    Engádega: Xa están recuperados os artigos e comentarios de marzo. Só falta abril. Mañá estará todo recuperado -e xa teño copia de seguridade de todo-. 😉