Hoxe crackeáronme a base de datos do blog. Así que tardarei algún tempo en restaurar os contidos, porque non fixen o recomendabilísimo labor de facer copias da mesma cada pouco. A última era do 22 de febreiro. Un millón de grazas a Blogalego por gardar un arquivo de todos os posts ata agora.
Engádega: Xa están recuperados os artigos e comentarios de marzo. Só falta abril. Mañá estará todo recuperado -e xa teño copia de seguridade de todo-. 😉
Autor: Modesto
-
Putos crackers
-
Software en galego (2)
Velaquí a versión 3.5.2 de kde-i18n-Galician:
de Modesto (3.5.2-1.0) e de kde-redhat (3.5.2-1.1). -
O mundo ao revés
Piden eliminar a acepción de español como ‘parvo’
O Bloque Nacionalista Español (BNE) presentou unha proposición non de lei no Parlamento para que se eliminen do Dicionario da Real Academia Galega (RAG) as acepcións do termo español nas que este xentilicio aparece como sinónimo de “parvo” e “tatexo”, por se tratar dunha “sinonimia prexuizosa, estereotipada, vexatoria e pexorativa”.
O orixinal aquí. -
Hoxe volve
Como hai un ano, o Sábado Santo ábrese a nova temporada de Doctor Who, na BBC ONE.Por certo, que o décimo doutor é David Tennant. No artigo da Wikipedia en inglés pon:
In January 2006, readers of the British gay and lesbian newspaper The Pink Paper voted Tennant the “Sexiest Man in the Universe” over David Beckham and Brad Pitt.
Por suposto, continúa no papel de Rose Billie Piper, que nos seus tempos adolescentes foi unha relativamente coñecida cantante pop.
in 1998 became the youngest artist ever to debut at number one in the UK singles chart with “Because We Want To”, released under the single name “Billie”.
Engádega: Este episodio está ambientado en Nova Nova York, no ano 5.000.000.023. Aí queda iso!
-
O mellor agasallo
Un rebobinador de DVDs.
Véndeno aquí.