Autor: Modesto
-
Punto gal ou…?
Eis a cuestión. -
Software en galego
Acabo de conseguir empaquetar as mensaxes para o KDE en galego para a Fedora Core 5, ou fc5, que dispoñía de paquetes similares para outras linguas, pero non para a nosa. O rpm pódese descargar dende aquí:
kde-i18n-Galician-3.5.1-1.0.noarch.rpm
Tan pronto como saia o 3.5.2, tamén o colgarei.
Engádega: Ben mirado, non é tanto mérito meu. kde-redhat tamén ten o seu rpm:
http://kde-redhat.atrpms.net/apt/kde-redhat/all/
RPMS.stable/kde-i18n-Galician-3.5.1-1.0.kde.noarch.rpm -
Momento Infogest
Non puiden evitar poñer unha ligazón a este vídeo do programa Caiga quien caiga de Telecinco no que se demostra que falando galego chégase a todo o mundo, e máis a Portugal.
E como é un tema que sempre esperta polémica, pois ata aquí o traio.
Atopeino en Madeira de Uz, para que conste. -
Urdaci é un ‘cachondo’
Así saíu na Sexta -cadea que endexamais verei en analóxico, e en dixital xa veremos-.