Autor: Modesto

  • My life in film

    Acabo de ver o primeiro episodio da serie A miña vida nas películasMy Life in Film-, que estreou esta noite a Galega, como contaba na súa edición de hoxe A Voz (traducida grazas a Vieiros e Dimensiona). Recoméndollela a todos os cinéfilos con senso do humor.

    Espero que teña éxito e que non sexa retirada fulminantemente, como CortesCutting it-, outra serie da BBC pero que chegou a un cativísimo 0,4% de share nas sobremesas galegas. Unha mágoa.
    Engádega: A estrea de A miña vida nas películas tivo un 7,4% de share. Fonte: vertele.com.

  • Tuning

    Evidentemente, non ten nada que ver con este tipo de tuning:


    Creo que o aspecto desta páxina mellorou considerablemente, pero aínda queda moito por facer. Mais o continente sen contido non é nada.

  • Que carallo é isto?


    Apareceu no episodio de Lost emitido onte á noite nos EUA. Naturalmente, non podo dicir o que é nin o que deixa de ser, nin en que contexto se puido ver. Pero saber, saberase, algún día.

    Na Wikipedia en inglés xa hai unha interpretación.

  • Actualización (case catro meses despois)

    Non me refiro a ModestoWeb, senón a www.tdt.es, que non renovaba os seus datos de cobertura de TDT dende o 30 de novembro. Agora -creo que é novidade- inclúe a localidade de Carballo entre os afortunados. Xa falta menos…

  • Mala sorte

    ¿Sabe usted lo que significa esta señal?

    Isto foi o que me preguntou o venres un simpático garda civil. A historia comeza cun adiantamento, feito nunha zona completamente autorizada -iso pensaba eu- e a unha velocidade tamén situada dentro dos límites permitidos.
    Este simpático corpo de seguridade paramilitar considera que, ao incorporarme ao carril dereito da circulación, pisei a liña continua. Aínda non sei canto me caerá, pero as faltas graves, como é o caso, castíganse con entre 92 e 301 euros de multa e ata 3 meses de suspensión do carné de conducir. Espero que só me afecte ao peto. Todo depende da discrecionalidade dos de verde.

    Cada vez estou máis de acordo con isto.