Autor: Modesto

  • Máis spam, isto é a guerra

    Ultimamente estou a detectar -e sufrir- un preocupante aumento de novas modalidades de spam, que me obrigaron a tomar medidas drásticas. Agora xa non vou permitir rastros en ModestoWeb, dado que estou recibindo moitísimos (trece só hoxe) trackbacks procedentes do enderezo IP 213.33.239.9 (213.33.239.9.adsl-spb.net.rol.ru), de Rusia, nin máis nin menos, con nomes relativos a termos médicos. Aínda que non aparecen publicados, son unha molestia insoportable pola cantidade de mensaxes que recibo informando deles. Nunca máis. Como se non abondara con ofertas de medicamentos contra a impotencia, reloxos de marca de imitación, títulos universitarios falsos ou software pirateado a prezo de saldo.
    Engádega: engadín o enderezo á lista negra e volvín permitir trackbacks. A ver se agora…
    Tamén recibín unha enigmática mensaxe co seguinte texto:

    Le agradecemos a Ud una compra con nuestra empresa.
    Su orden No 85693258A para Canon EOS 350 D Digital Camera a total de ?? 729 fue aceptado.
    Su carta bancaria se incluira en aquel importe.
    Le agradecemos su compra.
    Ud puede comprobar su orden en sus Parametros del Usuario
    http://deagtea.com Apriete aqui para ver su orden
    Muy atentamente,

    Canon Online Store

    Evidentemente, non me van entregar por erro ningunha cámara dixital. Pero, e isto é unha advertencia, os incautos que piquen na ligazón e sexan usuarios dun sistema operativo Windows sen actualizar axeitadamente, veranse infectados por un arquivo WMF que aproveita outro dos innumerables fallos do sistema de Microsoft.
    Pasando o arquivo recibido polo antivirus clamav o resultado é:

    /home/modesto/Virus Collection/xpl.wmf: Exploit.WMF.A FOUND

  • Axudarante a atopar casa


    O superenrollado portal de información de vivenda para xente nova do Consejo de la Juventud de España, Keli Finder, fíxome lembrar, non sei por que, aquel imposible grupo musical chamado Kelly Family. O malo é que eles só poderían informar sobre vivendas okupadas, caravanas ou tendas de campaña. En fin…

  • Os [outros] triunfadores dos Oscars

    Álex e Christina. Do you remember?

    Pseudohomenaxe involuntaria a Hernández Les.

  • Fotos de ratas


    Isto é o que buscan algunhas persoas na internet e acaban caendo en ModestoWeb.
    Outros termos de procura son: «adans peres en monaco», «curiosidades
    absurdas», «arrastraches o cu polas pallas», «time goes by so slowly
    terremoto», «ana kiro», «belen regueira», «modesto feliciano», «cousas
    de noia», «mapa zona subsahariana», «noite subsahariana», «cousas da
    vida», «ramon sampredro», «ver foto do david beckham», «karate kid 3
    fotos», «marga pazos», «fotos evangeline lilly», «chicolino
    restaurante», «bomba 25 xullo», «benigno sanchez director de radio
    tvga», etcétera.
    Grazas, Google.

  • Máis modificacións visuais

    Cambiei o estilo visual deste blog por Soothe, de Brad Rice. Que tal?