Hai que ver a que se armou esta tarde no Parlamento de Galicia. Uns douscentos alcaldes e concelleiros do Partido Popular concentráronse diante do pazo do Hórreo para protestar pola decisión da Consellería de Medio Rural de paralizar expedientes de obras aprobados pola antiga Consellería de Política Agroalimentaria.
Máis información: El Correo Gallego, La Voz de Galicia.
Fotografía de Ramón Escuredo (El Correo Gallego)
Autor: Modesto
-
Os sucesores de «Nunca Máis»
-
Tradución automática
Veño de saber por TodoNada que a Universidade de Vigo creou un tradutor automático galego-castelán e castelán-galego. Os resultados son abraiantes, e permítennos ler a web do Concello da Coruña ou a do Bloque Nacionalista Gallego.
Ten aínda algúns problemiñas coas páxinas en Unicode, como ModestoWeb ou a propia TodoNada, pero axiña se resolverá. E, senón, pódelo resolver ti mesmo/a, porque é un proxecto de software libre. O código fonte, aquí. -
Lavado de cara
Outra vez. Como non hai nada novo no contido, haberá que facer modificacións no continente. Engadín un botón de publicidade polo que non recibo nin un peso, pero que si servirá para que o servidor que me ofrece espazo gratuíto, f2o.org, poida seguir prestando este servizo. O mellor de todo é que non obrigan a ninguén a facelo.
-
Probas Retegal
Ademais de TVG, TVG Europa e TVG América, no múltiplex de televisión dixital terrestre galega pódese ver isto (e escoitar Radio Galega Música). -
ModestoWeb Top 20
…no que vai de novembro:
Top 20 of 30 Total Search Strings # Hits Search String 1 12 14.12% csi ny 2 10 11.76% csi:ny 3 10 11.76% gravata 4 9 10.59% david bisbal 5 4 4.71% bisbal 6 3 3.53% %22gravata%22 7 3 3.53% london ufo 8 2 2.35% atentado a londres 9 2 2.35% begona o’que significa 10 2 2.35% csi 11 2 2.35% csi ny pictures 12 2 2.35% csi: ny 13 2 2.35% gravatas 14 2 2.35% marga pazos 15 2 2.35% mass media 16 2 2.35% modestoweb 17 2 2.35% mysql acentos utf-8 wordpress 18 2 2.35% querido ramon: un testimonio de amor ramona maneira 19 1 1.18% beckham novembro 2005 foto 20 1 1.18% bo derek %2210%22