Por se mañá as nubes non deixan ver a eclipse anular, sempre nos quedará esta. Malia isto, espero poder publicar unha foto made in Modestocam.
Autor: Modesto
-
Canal Rías Baixas, o 17 de outubro
Xa sabemos máis cousas sobre Canal Rías Baixas: a súa web presentarase oficialmente o 17 de outubro â€â?ou, polo menos, iso é o que pon nelaââ¬â?.
Tamén é importante destacar que pretende cubrir, como o seu propio nome indica, todas as RÃas Baixas. AsÃ, inclúe seccións de novas ââ¬â?de momento en preparaciónââ¬â? para as zonas de Salnés-Caldas-Sar-etcétera, Barbanza-Muros-Noia-etcétera, Pontevedra e Vigo.
Ademais, como podemos comprobar, a súa cobertura é de 727.750 potenciais espectadores, máis dos que espera ter Iñaki Gabilondo en toda España, que se conforma con 600.000. -
Mambo! (3)
…e asà ata o número 5. O certo é que, grazas ao artigo de algo máis abaixo, alguén que busque no Google canalriasbaixas atopará como primeiro resultado ModestoWeb (Vou ter sorte!). Non podÃa ser doutro xeito.
Rectifico, tamén, o que escribÃn daquela. De momento, a páxina de canalriasbaixas non se está a converter nunha fonte de información con actualización diaria. Polo contrario, podemos visitar a de Telebarbanza, Barbanza Televisión, Televisión Barbanza ou Barbanza TV (non sei moi ben como chamarlle), que diariamente publica os textos do informativo, mesmo antes de que se emita (e non o digo porque eu teña algo que ver con iso, que tamén). -
O Cesga saca a concurso a tradución ao galego do OpenOffice.org
OpenOffice.org é a suite ofimática libre por excelencia ââ¬â?que non a únicaââ¬â?, e a principal alternativa ao Microsoft Office que moitos teñen ilegalmente instalado nos seus discos duros.
Conta a Galipedia no seu artigo sobre OpenOffice.org o seguinte:OpenOffice.org é un conxunto de aplicacións de oficina creado a partir de Sun StarOffice e licenciada coma software libre baixo os termos da LGPL ou da SISSL. Está dispoñible para Microsoft Windows, sistemas UNIX, (Linux…) e Mac OS X.
OpenOffice.org está formado por:
* Writer (procesador de textos)
* Calc (folla de cálculo)
* Draw (deseño gráfico)
* Impress (programa de presentacións)
* Math (editor de fórmulas matemáticas)
* Base (base de datos)
* Un editor visual de páxinas web.
* Un gravador de macros.
* Filtros para a importación de ficheiros fomatos de Microsoft Word e outros e para exportación a PDF e Macromedia Flash.Máis información sobre esta nova na propia web do Cesga e en Barrapunto (de onde saquei a información, que un non che é omnisciente).
O meu comentario en Barrapunto ââ¬â?encóntrome un pouco lacazán para repetilo aquÃ.
Pensamentos que me veñen á cabeza:- Está ben isto do apoio institucional ao soft en galego.
- Cousas asà non pasaban antes.
- 140.000 euros! Mi madriña!
-
União Penosa
Com este gesto, estás a ajudar a que David Beckham compre cremes hidratantes.
Nota muito importante: o meu móbil non ten dicionario en galego, asà que teño que escribir os textos en português. Non queda outra.