Unha proposta para a Real e Ilustre Cofradía da Dorna.
Podería ser certo, no caso de que houber algún dorneiro abstemio.
En realidade, Dorna é unha marca de auga mineral romanesa. A ligazón coido que non funciona.
Autor: Modesto
-
Bebida oficial Festa da Dorna 2006
-
Novidades incríbeis
Como se pode observar, o encabezado desta páxina variou lixeiramente e agora inclúe un menú que permite acceder a varias opcións. A máis interesante pode ser ???, que nin eu mesmo sei como chamarlle nin no que acabará. A saber.
-
Je voudrais avoir un Dolmen aussi !
Image : Le Journal CanalTambre.
Explicación do de arriba:
Un sábado ao mediodía puxen a televisión e descubrín con estupor que o presentador do informativo estaba dando as novas en francés. Despois duns minutos coa boca aberta, decateime que era un telexornal para turistas, pero resultoume raro-raro-raro… Espero que o meu xefe non tome nota da idea.
Ocórrenseme outras preguntas ‘dolmenianas’, pero mellor é que as deixe para outro post. -
A Muller Marabilla, portada de Dolmen
Parece unha broma, pero non o é. Esta revista de banda deseñada non ten nada que ver coa da FEB, aínda que teña o mesmo nome. Pode ser un primeiro paso para a creación dos Premios Antidolmen, unha iniciativa moi interesante da que xa se falará ao seu tempo.
Levará a Muller Marabilla a cuarta medalla de ouro?