Series que non teño pensado ver

Vou facer un pouco de Hernán Casciari, pero ao revés. Aínda que el critica moitas series, para ben ou para mal, sempre nos serve de guía para saber o que paga a pena ver… e o que non. Pois eu só vou contar o que non me paga a pena ver a min, o que non quere dicir que haxa xente que goce orgasmicamente con calquera destes produtos. Tampouco pretendo convencer a ninguén, evidentemente.

The Big Bang Theory e How I Met Your Mother son dúas sitcoms cun grande número de seguidores que vin algunha vez e me resultaron pateticamente ridículas, caricaturescas e insulsas. Será porque as comedias de ficción nunca poden superar a realidade. E porque as vin dobradas -aínda que probei premer o botón de versión orixinal sen acadar unha impresión máis favorábel.

Dexter e, en xeral, todas as series que nos presentan a violencia e o sangue como algo divertido, simpático, chachipiruli e megafenomenal ou mesmo cool.

True Blood e todas as series de vampiros ou pseudovampiros desnaturalizados cool, unha praga que non se vai nin con allo nin cravando estacas e que comezaron Buffy ou Blade.

The Sopranos pode ser moi boa, pero todo o tema mafiosos, etc. etc. dáme ardor de estómago e resúltame profundamente aburrido. Futurista e científico-ficticio que é un.

Mad Men: o mundo da publicidade pode ser moi apaixoante, pero se o ambientamos nos anos 50, con sombreiros, tabaco e todas esas cousas que me dan alerxia visual…. pois non.

Todas as series de médicos, en xeral e sen excepción. Por favor, señores guionistas, sexan máis orixinais, e obséquiennos con dramas sobre xente que traballa día a día e ninguén se fixa nelas. Proben sorte co servizo de limpeza.

As series bélicas en xeral, aínda que non están de moda actualmente. Aviso de hante vraso por se un día volven. Se a guerra se toma máis a coña, como M.A.S.H., poden ser interesantes.

Sons of Anarchy: motos, non! e tamén podería ver pero dáme preguiza e teño moitas outras prioridades: Weeds, quizais a candidata con máis posibilidades, e Entourage -pero xa leva demasiadas temporadas para poñerme agora

Das series novas que non verei nin tolo podería destacar Glee: musical, coro, adolescentes, instituto, todo sumado pode ser o peor, aínda que podo soportar perfectamente os dous últimos ingredientes.

E si, seguramente teño visto series moito peores que calquera destas, pero cando comezo unha non a deixo e, ademais, non quero que me volva pasar. 😉

Semellanzas razoábeis

O verán adoita ser unha etapa de seca no relacionado cos meus contidos audiovisuais favoritos, así que teño que botar man do pasado. Se algunhas veces me ten estrañado que alguén non vise aínda Lost, máis lles debería de estrañar a eles que eu aínda non vise -até agora-… Twin Peaks.
E quen vexa Twin Peaks non pode evitar lembrar a serie cada vez que lle falen do Medio Rural.

Aínda que tamén poderiamos atopar paralelismos con Miguel Induráin.
[flash http://ondemand2.rtve.ondemand.flumotion.com/rtve/ondemand2/microsites/muchachadanui/03x03indurain7y6t5r4e.flv w=600 h=470]

Come What May

Xa vai comezar o mes de maio, remata Heroes, volve Lost e poño este episodio piloto de Star Trek Phase II (serie antes coñecida como Star Trek New Voyages) e que un grupo de trekkies elabora afeccionadamente como continuación á serie clásica a.k.a. TOS. Non sei por que, o novo filme -que tamén chega en maio- promete ser pouco trekkie. A ver. Chegará a haber neotrekkies hoygan?
Sobre os 40 minutos que vos agardan aquí embaixo: volvemos aos anos 60! Watch it online here now!
[flash http://video.google.com/videoplay?docid=-8640306924766056110]

Máis aniversarios… “o” Doutor

Si, hoxe hai que parabenizar a Tom Baker, que fai 75 anos este martes. Foi mundialmente famoso por ter sido o cuarto Doutor Who, cuxas dúas primeiras temporadas (1974-75 e 1975-76) foron emitidas pola TVG nos anos oitenta. El seguiu no papel até 1981. O último que fixo é… ser a voz en off de Little Britain.

E seica recoñeceu ser bastante afeccionado ao bebercio, máis que ao comercio, por iso escollín esta imaxe, do episodio A invasión androide.