Xa estamos en outubro

Hoxe podemos ler na edición do Barbanza de La Voz de Galicia unha sorprendente nova: o cupón da ONCE deste domingo estará dedicado a Ribeira. Ata aí, todo ben. O malo é que se ollamos detidamente a imaxe, descubriremos que este domingo NON É 17 de outubro, senón 17 de xullo. Haberá que agardar tres meses, logo. Ademais, o día do sorteo caerá en luns. Errare humanum est, Aniña.
ONCE
Engádega: Ribeira escríbese con B.

Publicada o
Categorizado como E-ratas

Trasnos da imprenta?

Na edición do Barbanza de La Voz de Galicia de hoxe:

Paréceme incrible que nun medio de tal prestixio e tirada aparezan publicadas cousas como esta. Dende logo, cando eu traballaba alí esixíanme bastante máis, ou igual mo parece a min. Disque cando un pensa que todos os demais están tolos, é que o tolo é el. Quen sabe?
O que si podo asegurar é que chegaron a dicirme que era mellor que non escribira en galego, porque non dominaba ben a lingua. Velaí un extracto das miñas notas da facultade:

Non fago máis comentarios. Facédeos vós.

Publicada o
Categorizado como E-ratas

SI, NO, ou en branco

Eu optei pola terceira vía, porque era a única opción que non pedían en ningún cartaz, espazo gratuíto de propaganda electoral nin cuña radiofónica.
Tamén sería bo distinguir entre “si no” e “sino”, como non fixo un redactor da sección de Economía da Voz. Pódese ver en dúas páxinas consecutivas da edición impresa ou a escasos píxeles de distancia na versión dixital.

Se alguén non entende a incorrección -isto vai para os adictos ás SMS-, que saiba que en lingua castelá as palabras aí resaltadas teríanse que escribir xuntas. Miguel de Cervantes Saavedra e Fernando Lázaro Carreter poderíanse erguer das súas tumbas…

Publicada o
Categorizado como E-ratas

Denejasión de desibelios

O Comandante Desibelios volve facer das súas. Desta volta, presentou máis denuncias contra os locais da movida de Ribeira, como todas as fins de semana, e pide que non se lle concedan licenzas aos que as solicitan. Ata aquí, todo correcto ou, polo menos, previsible.
O inexplicable é esta non-nova -na que non se di nada noticiable- aparecida onte na Voz. Faltaban un par de módulos por encher a última hora?

Publicada o
Categorizado como E-ratas

Metedura de pata

Non sei se se puido ver/escoitar noutras partes de Galicia, pero, cando menos na miña casa, esta noite podíase ver o informativo local de Vigo e escoitar o son de Santiago. Imaxinade esta rapaza coa voz de Manuel Torrente (este non)…

Iso non pasa nin na televisión local na que traballo!

Publicada o
Categorizado como E-ratas