Ou, mellor dito, hoxe. Que horas son estas!
A ver se por fin dou por finiquitada a sección «Eleccións 2005». Ou, ao mellor, non.
Categoría: Eleccións
Bonito cabeceiro
Esta imaxe tiña pensado poñela se o goberno galego non cambiaba o domingo. Aínda pode que fique así se a semana que vén o escrutinio do CERA lle dá a razón a Don Manuel. Veremos.
Fala, pobo, fala
Chegou o día. Logo falamos.
Hoxe descubrín que as sondaxes existen. Ã? porta do colexio electoral no que me tocou votar (ou botar) había unha rapaza preguntando.
Estamos en guerra…
…pero hai que reflexionar, como dicía Antón Reixa naquel programa, Sitio distinto, tan distinto do que se fai na televisión actual.
Isto vén a conto de que estamos na xornada de reflexión. Pois iso, que hai que pensar, pensar e pensar moito. Por unha vez ao ano, ou na vida.
O debate
Pois si. Hoxe presentei o meu primeiro debate electoral. E non teño nada máis que dicir, como diría aquel.