Que será, será?

Parafraseando o xa viejuno blog Catu?, que moita xente ignora absolutamente que existiu, porque daquela aínda usaba cueiros e tal, e para animar a participación da -escasa- audiencia, fago este divertidísimo e interesante concurso, aínda que non tanto como os que fai Ghanito -dende aquí un saúdo moi afectuoso para el, que está vivindo eses momentos de tensión-:
De quen é este computador?
Computador de...

Tits no more

A imaxe máis buscada -e máis pendurada en foros externos- de todas as que se inclúen neste blog, e unha das que recibe máis visitas por todo o anterior, é á que se accede cando se preme na imaxe censurada desta entrada. Nun principio, era a mesma imaxe, pero a un tamaño de 720×576 e sen as estreliñas. Porén, por iso de que se achega o 1 de abril e tal, decidin substituíla por esta, moito máis eurovisiva. Saúde, paghilheiros!