Problemiñas

O domingo houbo algún problema para acceder a esta páxina, así que deixei a «actualización» para hoxe. A outra actualización xa a fixen onte: FC4, e estame a dar moito traballo.

Publicada o
Categorizado como Friqueiradas

Mambo!

Actualización: Vese que xa cambiaron, polo menos, o logo de Mambo por un de El Correo Gallego. Algo é algo.

Hai uns días, El Correo Gallego e Galicia Hoxe anunciaban que acababan de cambiar de ASP a PHP. O cambio produciuse, precisamente, a comezos de xuño. ModestoWeb xa leva empregando PHP ou, cando menos, tentándoo, dende hai un tempo. Comecei probando algúns CMS como PHPNuke ou Mambo, ata que me decidín por WordPress. Casualmente, acabo de descubrir que os xornais composteláns empregan o segundo deles. Velaí a demostración:
O enderezo desta imaxe é http://www.elcorreogallego.es/images/logo.png

Un consello ao administrador da web (que emprega Apache sobre Windows): borre do directorio raíz arquivos como README, INSTALL ou LICENSE. No caso contrario, pensaremos que os seus contidos son GPL

Publicada o
Categorizado como Friqueiradas

Pequenos problemas

Esta páxina estivo caída dende esta mañá ata arredor das cinco da tarde. Agora parece que todo vai ben…

Publicada o
Categorizado como Friqueiradas