Categoría: Friqueiradas

  • O calendario

    Por fin conseguín que este calendario da dereita se vise correctamente en todos os navegadores. Ata agora só se vía como eu quería que se vise no Firefox, que, por certo, é o único que cumpre ao pé da letra cos estándares. O problema estaba na etiqueta caption, que rodeaba o nome do mes, e que para algúns programas herda directamente o estilo da táboa que encabeza e para outros ten propiedades diferentes, o que facía imposible atopar unha solución para todos os browsers: se lle daba unha marxe, nuns agregábase á da táboa. Se lla quitaba, noutros quedaba sen ningunha das dúas. Decisión salomónica: modificar o código do calendario para que o mes estea incluído nunha div fóra da táboa. O resultado, á vista.

  • Software en galego (2)

    Velaquí a versión 3.5.2 de kde-i18n-Galician:
    de Modesto (3.5.2-1.0) e de kde-redhat (3.5.2-1.1).

  • Software en galego

    Acabo de conseguir empaquetar as mensaxes para o KDE en galego para a Fedora Core 5, ou fc5, que dispoñía de paquetes similares para outras linguas, pero non para a nosa. O rpm pódese descargar dende aquí:

    kde-i18n-Galician-3.5.1-1.0.noarch.rpm

    Tan pronto como saia o 3.5.2, tamén o colgarei.
    Engádega: Ben mirado, non é tanto mérito meu. kde-redhat tamén ten o seu rpm:
    http://kde-redhat.atrpms.net/apt/kde-redhat/all/
    RPMS.stable/kde-i18n-Galician-3.5.1-1.0.kde.noarch.rpm

  • Máis spam, isto é a guerra

    Ultimamente estou a detectar -e sufrir- un preocupante aumento de novas modalidades de spam, que me obrigaron a tomar medidas drásticas. Agora xa non vou permitir rastros en ModestoWeb, dado que estou recibindo moitísimos (trece só hoxe) trackbacks procedentes do enderezo IP 213.33.239.9 (213.33.239.9.adsl-spb.net.rol.ru), de Rusia, nin máis nin menos, con nomes relativos a termos médicos. Aínda que non aparecen publicados, son unha molestia insoportable pola cantidade de mensaxes que recibo informando deles. Nunca máis. Como se non abondara con ofertas de medicamentos contra a impotencia, reloxos de marca de imitación, títulos universitarios falsos ou software pirateado a prezo de saldo.
    Engádega: engadín o enderezo á lista negra e volvín permitir trackbacks. A ver se agora…
    Tamén recibín unha enigmática mensaxe co seguinte texto:

    Le agradecemos a Ud una compra con nuestra empresa.
    Su orden No 85693258A para Canon EOS 350 D Digital Camera a total de ?? 729 fue aceptado.
    Su carta bancaria se incluira en aquel importe.
    Le agradecemos su compra.
    Ud puede comprobar su orden en sus Parametros del Usuario
    http://deagtea.com Apriete aqui para ver su orden
    Muy atentamente,

    Canon Online Store

    Evidentemente, non me van entregar por erro ningunha cámara dixital. Pero, e isto é unha advertencia, os incautos que piquen na ligazón e sexan usuarios dun sistema operativo Windows sen actualizar axeitadamente, veranse infectados por un arquivo WMF que aproveita outro dos innumerables fallos do sistema de Microsoft.
    Pasando o arquivo recibido polo antivirus clamav o resultado é:

    /home/modesto/Virus Collection/xpl.wmf: Exploit.WMF.A FOUND

  • Máis modificacións visuais

    Cambiei o estilo visual deste blog por Soothe, de Brad Rice. Que tal?