Bonitos concursos

O sempre imprescindible blo Todo Nada descúbrenos hoxe un par de concursos moi imaxinativos e que impulsan a creatividade e o bo rolo (de xelatina).
Ler máis…
Si. Xa sei que onte non publiquei máis enquisas. É que estaba un pouquiño estresado. Xa van…

HQB no Son

Disque hoxe proxectan na Casa da Cultura de Porto do Son esa «morralla» e «porquería» do «mundo da incultura» que non se anuncia na televisión nin en ningures. E tamén é posible que, se cumpre co seu cometido, non se volva saber máis dela a partir do 20 de xuño, como acontecera o 15 de marzo do ano pasado con outro filme que se chamaba Hay motivo ou algo así.
Gran desembarco de persoeiros dun partido político que non está autorizado a empregar este filme con fins electoralistas.