Blog

  • Internec

    Internec
    Internec

    Por motivos misteriosos que só san Google coñece, ultimamente entra moita xente a este blog buscando “internec”. Como non imos deixar que a xente marche decepcionada, pois velaí este divertido e xa non moi novo vídeo de Los Alguiens, cunha canción que xa non sairá da vosa cabeza nun mes.

    [flash http://www.youtube.com/watch?v=LybAHotsvOg]

  • Por fociños, por Cacheiras

    Non é a páxina do Xabarín Club, aínda que se chame Xabarín Club. Non ten nada que ver con fociños, nin está en Cacheiras. Tampouco ten nada que ver con Martiño Noriega, aínda que goberne en Cacheiras, e aínda que pareza a imaxe dunha candidatura, popular ou non, de Compostela Aberta ou non. Pero velaquí.

  • Eurovisión en Australia: down under

    O 23 de maio, véspera das eleccións municipais, vai ter lugar en Viena a final do Festival de Eurovisión 2015. Unha das principais novidades deste ano do Eurovision Song Contest é que vai participar, por primeira vez, un país un pouco afastado de Europa. E non falo de repúblicas centroasiáticas, senón de Australia.

    Os motivos para convidar a Australia son varios: a súa confusión de nome con Austria, o feito de que é un país con tradición eurovisiva xa de vello –lembremos A voda de Muriel e a súa devoción por ABBA— ou a típica escusa de que é o 60 aniversario de Eurovisión e hai que facer algo novo.

    Pois ben, os australianos, que aínda por riba de teren asegurada a praza na final, tamén van poder votar nas dúas semifinais, decidiron levar a Guy Sebastian, gañador de Australian Idol 2001, cunha canción que xa está na parte máis alta das casas de poxas e que de seguro vai acadar bo lugar na clasificación final, con Tonight Again. A min gústame.

    [youtube https://www.youtube.com/watch?v=i7MwzRBEY_M]

    Pero que non se asuste ninguén. Se Australia gaña, o festival de Eurovisión do ano 2016 non se vai mudar ás antípodas, senón que a canle organizadora, a SBS, escollerá en que lugar de Europa se celebrará. E tamén terá a honra de volver participar por segundo ano consecutivo.